Acerca de

Ola!

Son Mariola López e vivo en Ferrol, nunha pequena cidade costeira de Galicia. Encántame o océano e a natureza. Dende que son unha nena, adoro crear: Coser, traballar con diferentes materiais como coa madeira, pintar e... reciclar! No meu día a día trato de non xerar lixo, seguindo un estilo de vida lixozero. Cada semana, os meus cans e máis eu adoitamos ir á praia e recoller toda o lixo mariño que podemos e despois... úsoo como material para facer diferentes creacións! Todas estas paixóns derón lugar á marca Onda Nosa.


Resultado de imaxes para maria lopez morado ondanosa

Onda Nosa é unha marca que representa un proxecto creativo personal, onde o obxetivo é conxugar a arte(sanía) co amor polo océano e a natureza. Co movemento. Coas palabras.

Cada un dos produtos de Onda Nosa é único. Dende as camisetas pintadas a man, as táboas de surf co corpo, as fundas personalizadas para o teu material deportivo, ata cada unha das obras ou artesanías feitas con materiais recollidos das praias de Galicia.

En definitiva, arte e artesanías sustentables dende o Atlántico Norte, cun chisco de amor.


Nesta entrevista da televisión pública galega podes ver un pouco máis o que fago:


http://www.crtvg.es/informativos/unha-enxeneira-ferrola-crea-produtos-artesans-cos-refugallos-da-praia-3951551



Comentarios